Maridaxe
Valdumia, a mellor combinaciónO albariño é un viño que potencia os nosos sentidos. Unha boa maridaxe permitiranos apreciar as súas características e as dos alimentos que o acompañan. Algúns pratos, como peixes e mariscos, reforzan as calidades dos albariños de Valdumia. Destacan a súa dozura equilibrada, o seu aroma froiteiro e a súa textura lixeiramente burbullante. Combínao conAs carnes brancas, os arroces, os queixos frescos e os patés tamén fan boa maridaxe cos viños brancos. Os aperitivos son a escusa perfecta para poñer un albariño de Valdumia na mesa. Cómo serviloA temperatura de servizo recomendada oscila entre os 10º e os 12º C. Sós ou en compaña, os albariños de Bodegas Valdumia elabóranse coa vontade de deixar sempre bo sabor de boca. |
|
986 50 70 40 |