Valdumia > As Nosas Bodegas

Filosofía

Filosofía

En Bodegas Valdumia somos conscientes do valor das cousas ben feitas. Elaboramos os nosos albariños seguindo o método tradicional de cultivo, recolección e vendima. Os albariños de Valdumia son viños de recoñecido prestixio, posuidores da Denominación de Orixe Rías Baixas.

A calidade dos nosos albariños é excepcional debido á coidada selección de viñedos e uvas. Os controis e as análises dos laboratorios de Valdumia son a mellor garantía dunha excelente produción de albariños de sabor incomparable.