A innovación e a exclusividade co máximo respeto
Bodegas Valdumia converteuse nun dos maiores fabricantes de albariños, grazas á vocación familiar e á adquisición dunhas modernas instalacións. Os seus mestres bodegueiros atópanse entre os máis apreciados dentro e fóra das nosas fronteiras.
As nosas perspectivas son moi optimistas. Estamos avalados polos anos de tradición e experiencia, e seguimos fabricando albariños coa mesma ilusión do principio. Sabemos que os albariños de Valdumia aínda teñen moito que ofrecer.